Clube Deportivo Ourense perdeu onte unha gran oportunidade para prolonga-la racha victoriosa na casa dende a chegada de Tomé.Quizabes foi un dos peores encontros do Ourense na casa en toda a temporada.
O partido comezou con opcións atacantes para o Ourense en dúas ocasións de Sanromán e Diego Otero. Pero entre o claro dominio do Las Palmas e a onte fráxil defensa vermella parecía que o gol canarión podía chegar en calquera momento. E así foi, no minuto 30 Alexandro facía o 0-1 para os visitantes.
O Ourense intentaba con máis corazón que cabeza marcar un gol que o metese no partido, pero no inicio da segunda parte en dous zarpazos o Las Palmas deixaría sentenciado o encontro. O resto do partido foi un mero trámite no que só cómpre sinalar unha perigosa falta de Sanromán e o seu posterior rexeite ao pao despois dun tiro de David Pérez.
Agora toca pensar no seguinte encontro ante o Universidade de Las Palmas, un equipo que vai líder pero que nas últimas xornadas está vendo como os seus perseguidores na táboa lle recortan moitos puntos.
Aliñacións:
CD Ourense: Moncho; Seoane (César, m. 80), Aloisio, Pablo López, Dacosta; Sueiro, Currás, San Román, David Pérez (Fran Caínzos, m. 72); Padín (Anxo, m. 67); Diego.
UD Las Palmas: Pindado; David García, Aythami, Víctor, Gustavo; Aday, Alberto, Darino (Mario, m. 75), Juanma; Marcos Márquez (Curro, m. 78) y Alejandro (David Rodríguez, m. 57).
Árbitro: González González (colexio leonés). Amarilla a Seoane, Diego, Dacosta, Alejandro, Gutavo, Padín, Víctor y Curro
Goles: 0-1: Alejandro (m. 30). 0-2: Juanma (m. 49). 0-3: David García (m. 52).
Incidencias: Estadio do Couto. 1200 espectadores.