Segue a racha ascendente do Ourense. O de hoxe foi un dos partidos máis cómodos para a defensa vermella ante un rival, o Pájara Playas de Jandía, que nom puxo moito da súa parte para tentar levarse os 3 puntos do Couto.
Dende o primeiro minuto ata o derradeiro o Ourense levou en todo momento o ritmo de partido e dispuxo de varias ocasións claras, a maioría na segunda metade, que se atoparon cun porteiro que parecía estar tendo o seu partido do ano. O Pájara tentaba solventar como podía cada unha das innumerables chegadas vermellas e saía á contra a espera dun gol que nom faría xustiza aos méritos de ambos equipos. Ademais,a defensa vermella hoxe tivo un dos mellores partidos na casa no que vai de liga, e a sobriedade e a seguridade dos defensores vermellos marcaron o encontro. Quizabes Xabier Seoane estivo algo imprenciso nalgunhas fases do partido, pero solventandoo sempre coa garra e coa entrega que sempre o caracterizaron.
No ataque vermello sorprendeu o excelente partido que fixo David Pérez no carril esquerdo, moi hábi no regate e preciso no centro ao longo de todo o encontro. Partidos de hoxe son nos que se botan en falta a xogadores áxiles na mediapunta como o lesionado Rubén Durán, quen foi suplido por Carlos Padín, xogador que aínda nom conseguiu explota-la evidente calidade técnica que atesora e que fixo un partido dos que ven acostumando ao longo da temporada, con destellos de calidade pero moi lento,e esa maneira de xogar na Segunda B da moi poucos resultados, máxime cando se está loitando pola permanencia...Destacou unha vez máis a entrega de Oscar na punta de ataque, que se está convertendo no xogador máis valioso do Ourense na segunda volta.
O dinamismo que necesitaba en ataque o Ourense atopouno coa entrada no campo dun dos xogadores de máis proxección do filial, Xaime Noguerol. Estña sendo unha das revelacións desta temporada, xa que sorprende a súa maneira de xogar, con soltura, sen nervios, e pedindo o balón en todo momento.
Como dicía, coa entrada de Xaime no campo, o Ourense gañou dinamismo en ataque e na última media hora de partido as ocasións sucedíanse,pero o gol nom acababa de chegar. As máis claras foron unha falta botada por Padín, un tiro lonxano de Ramón Dacosta e un tiro do propio Xaime que se foi por pouco. Transcurrían os minutos e o Pájara vía como podía levarse do Couto un gran botín dados os seus méritos atacantes e o Ourense parecía resignarse e aceptar como bo o empate. Pero no minuto 85 apareceu Xabier Seoane, que cunha volea dende fóra da área e grazas ao estorbo dos defensores playeros serviron para despistar ao cancerbeiro do Pájara e conseguir o gol da tan merecida victoria. Os xogadores festexaron o gol como unha piña, e é que Seoane fai pouco que saiu dunha longa lesión que o mantivo alonxado dos terrenos de xogo durante un ano, e obtiña así o premio ao seu gran esforzo e á súa continua capacidade de superación.
Compre destacar tamén no rival a Igor, xogador que militara no Ourense na tempada 2001-02 e que hoxe xogou de central facendo un partido aceptable.
Aliñacións:
Ourense: Moncho; Seoane, Ramón Dacosta, Aloisio, López; Currás, Sanromán (Jaime Noguerol, m. 59), Sueiro, David Pérez (César, m. 91); Padín y Oscar Martínez (Anxo, m. 75).
Pájara Playas de Jandía: Ramón; Tomás, Garrido, Granada (Tutto, m. 87), Alfonso; Igor González, Aday (Festo, m. 46), Casquero, Lobera; Trigo y Héctor (Richard, m. 40).
Goles: 1-0, min. 85: Seoane.
Árbitro: Piñeiro Crespo (colegio asturiano). Amarilla a David Pérez, Dacosta; Tomás, Casquero e Trigo.
Partido correspondente á 27ª xornada de liga da Segunda División B disputado no campo do Couto ante uns 1400 afecionados.
Fotos do partido: