Martes, 21 de Febreiro de 2006
Imagen

O Ourense asoma a cabeza. Dúas victorias consecutivas por primeira vez na actual tempada sácano dos postos de descenso.

No Soto mascábase ambiente de traxedia futbolística. A granizada que caeu unha hora antes do partido foi un sinal de que se convertiría en protagonista, provocando a momentánea suspensión do partido. Nas bancadas,os siareiros estaban de uñas contra o presidente do Móstoles,Baena, e contra o adestrador. Alí sólo se oían gritos de "fóra, fóra" e case ningún apoio. Manolo Tomé y Xabier Álvarez,os respectivos adestradores de cadanseu equipo, comezaron de maneira desigual: pausado o vermello, levantándose de cando en cando, e excesivamente xesticulante con medio corpo no campo, o local.

Eran conscientes da gran importancia que tiñan os tres puntos en xogo. Sólo cando xa o Ourense gañaba por 2-1 e o equipo entraba nas presas do Móstoles, foi cando Tomé decidiu poñer orde e pedir calma aos seus xogadores.

"Nom dejarse ir"

Manolo Tomé valora a importancia da victoria e catalogaa de importantísima. "Sei que isto estámolo dicindo sempre, que falamos de finais, pero é así mentras nom saiamos con certa folgura deses puestos da cola".

Destacou "a entrega dos xogadores e a piña que todos formamos, incluidos os do banquillo", pero Tomé pretende que se evite o exceso de nerviosismo. Eu entendo este tipo de situacións, pero hai que romper certa monotonía de deixarse ir. Se caes ao Miño hai que intentar nadar ou remar para chegar á beira, porque senón chegas á Guardia pódeste afogar". Pretende explicar con iste símil que "debemos manter a intensidade en todo momento. Debemos aproveitar esta situación na que estamos facendo goles, algo que nom é nada fácil". Sen tempo para a relaxación, e co paréntesis do partido de Copa Federación, xa toca pensar na seguinte final,a deste domindo ás 17,00 contra o Atlético de Madrid B no Couto.
Publicado por Pablo.GZ @ 16:01  | ACTUALIDAD
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios