Presentábase este partido como unha aunténtica final para Ourense coa necesidade imperiosa da gañar. E conseguíuse de maneira moi clara incluso.
O partido comezou con nervios en ámbolos dous equipos a causa da dramática posición clasificatoria dos dous equipos. O Ourense faríase progresivamente co control do encontro co paso dos minutos, poñendo en apretos a portería pepineira en dúas ocasións clarísimas de gol; a primeira nunha falta botada por Carlos Padín que o porterio nom soupo parar bem deixando o balón solto na área pequena, e a segunda nunha volea de David Pérez dende fóra da área que se marchou a escasos centímetros do longueiro.O Leganés defendíase como podía saíndo ao contragolpe pero sen perigo real para a portería de Moncho, que apenas tería traballo neste encontro.
No último minuto da primeira parte chegaría o primeiro gol ourensanista. Gonzal Sueiro recibía na banda dereita, íase de dous defensores do Lega de maneira espectacular e encaraba ao porteiro cruzándolle o balón e conseguindo o 1-0.
Comezaba a segunda parte con doble cambio no Leganés, retirábanse Migui e Oliva e entraban por eles Jorge e Saturnino. O Ourense seguía controlando facilmente o partido con máis ocasións que na primeira parte. E cando mellor xogaba o equipo vermello chegaba o empate por medio do visitante Aguilera. Pero o que en teoría sería un mazazo para os ourensanistas, resultou ser un revulsivo para que o Ourense marcara dous goles por medio do enrachado Oscar Martínez; o primeiro tras pase de Sueiro por baixo dende a banda dereita, e o segundo tras un espectacular pase dende medio campo tamén de Sueiro que lle encontraba as espaldas aos defensores pepineiros, que sería aproveitado novamente por Oscar para marcar o definitivo 3-1 cunha sutil vaselina.
Co terceiro gol vermello acabaría o encontro. Un Ourense pletórico facía disfrutar aos siareiros ourensanistas facendo crer que a salvación é posíbel. Sucedíanse as ocasións e cuarto gol parecía rondar a meta visitante en cada chegada dos ourensanistas,sobre todo nun un contra un de Sueiro, e o Leganés tería duas claras ocasións para reducir distancias, pero o resultado final sería 3-1.
Compre destacar a gran labor de Sueiro na banda dereita con un gran gol e duas espectaculares asistencias,e os dous goles casi consecutivos do enrachado Oscar Martínez. Tamén é digno de mención o debuto do rapaz do filial Cesar que cumpliu csen grandes dificultades.
Con esta victoria o Ourense supera a un rival directo e sitúase na 16ª posición que da dereito a disputar a promoción pola permanencia. Tamén e significativo a victoria no goal-average co Leganés(na 1ª volta o resultado fora 1-0)
A próxima xornada o Ourense enfrontarase nunha nova final pola permanencia na 2B con ouro rival directo, o colista Móstoles.
Aliñacións
CD.Ourense:Moncho;Manuel Ángel,Aloisio,Cesar,Dacosta;Sueiro,Currás,Padín,David Pérez;Durán(Jaime) e Oscar Martínez(Anxo).
CD.Leganés:Moreno;Cabero,Sambruno,Miguel Alfonso,Soriano;De la Oliva (Jorge),Juli,Aguilera,Rodri;Migui(Santurino),Sequeiros.
Goles:1-0 Sueiro 44´,1-1 Aguilera 67´,2-1 Oscar 69´,3-1 Oscar 72´
Partido correspondente á 23ª xornada de lioga da Segunda División B no Estadio Do Couto, ante uns 1000 espectadores.