Clube Deportivo Ourense afrontará unha nova final este domingo na súa loita particular por evadir os postos de descenso a Terceira división. Será un partido entre os dous equipos sorpresa da competición, un no positivo e o outro no negativo. E é que o Fuenla esta facendo unha temporada histórica que o está levando a ocupar na segunda volta postos de promoción con equipos tan potentes coma o Uni,o Pontevedra e Las Palmas. Pola súa parte, o Ourense está a facer a peor tempada dos ultimos vinte anos que fan que se este loitando por obxetivos opostos aos que se pensaba ao comezo da tempada.
Como nota positiva desta semana e como xa contabamos nesta web, a directiva de CD.Ourense fixo efectivo o pago a Milo Abelleira e este queda xa desvinculado do clube, e polo tanto Manolo Tomé poderá sentarse no banco de la Aldehuela. O mesmo Tomé falaba o xoves ante os medios alegrandose da nova tanto por el como polo seu compañeiro de profesión. Xa no referente ao partido deste domingo, Tomé dicía que o equipo debía ter unha actitude máis atacante e agresiva, e polo visto no partidiño de adestramento no que se enfrontaron aos rapaces do filial, a alineación que o pasado domingo gaño ao Alcorcón atopará contunidade e repetirá ante o Fuenla, a pesar da recuperación de David Pérez.
Pola súa parte, o técnico do Fuenla, Emilio Ferreras, a pesar da mala situación do Ourense dicía que "será un encontro moi difícil, porque todos sabemos o que ten o Ourense a pesar de que as circunstancias levárono aos últimos postos. Chámame moito a atención esa posición, pero tódolos anos aparece unha sorpresa no negativo e este ano tocoulle ao Ourense".Di que "o cambio de adestrador nos vermellos seguro que motivará a determinados xogadores" y que seu equipo, por presuposto, está sendo unha sorpresa. Ocurre que no terreno de xogo somos difíciles de superar. E digo más, somos un dos equipos do grupo que mellor fútbol practica, cada vez mellor". Destaca Ferreras que nos sabemos onde nos movemos, temos os pes no chan e debemos coller o tren en cada estación, fai falla gañar tres partidos para salvarnos".
Como dato curioso no que a estadística se refire, o Ourense nunca perdeu no estadio de la Aldehuela:
Na xornada 20 da tempada 1995-1996 co marcador de:
Fuenlabrada 1 Ourense 1.
Na xornada 30 da tempada 1999-2000 con marcador de:
Fuenlabrada 0 Ourense 0.
Na xornada 6 da tempada 2000-2001 co marcador de:
Fuenlabrada 1 Ourense 2.
Na xornada 27 da temporada 2004-2005 co mardador de:
Fuenlabrada 0 Ourense 0.
Aliñacións probables:
CF.Fuenlabrada:Ruiz Caba;Rume,Dani Mayo,Lago,De La Chica; Juli,Yuma,Cabanillas,Jorge Fernandez;Zazo y Nacho Aznar.
CD.Ourense:Moncho;Manuel Angel,Pablo Lopez,Aloisio,Dacosta;Anxo,Sanroman,Currás,Sueiro;Rubén Durán y Oscar Martínez.