Luns, 30 de Xaneiro de 2006
Estreaba neste partido novo adestrador Clube Deportivo Ourense, aínda que nom puidese sentarse aínda no banco por nom habérselle pagado a Milo Abelleira o adebedado. Manolo Tomé sentouse na bancada de tribuna detrás do banco, onde o seu 2º, Antonio Dacosta, dirixía aos vermellos.

O partido comezou dunha forma inmellorábel cando Currás mandou un balón longo cara a área do Alcorcón, Oscar Martínez baixaba co peito e íase de Barral, encarando ao porteiro Raúl e batendoo por baixo.

Era o 1-0 e o Ourense xogaba moi a gusto cun xogo moi dinámico e vertical, chegando continuamente á portería rival. Froito de esas chegadas chegou o 2-0 no minuto 10. Manuel Ángel tiraba dende a frontal da área unha falta á cruceta e o central Pablo López empuxaba oportunamente de cabeza o balón ao fondo da portería rival.

Eran minutos onde o Ourense xogaba a placer,abrindo bandas,tocando con pases precisos,chegando a portería...pero cunha diferencia con respecto ao resto da temporada,as ocasión materializábanse en gol. Os siareiros ourensanistas disfrutaban co xogo do seu equipo e os xogadores ourensanistas gustábanse.

Pero esa relativa calma duraría ata o minuto 30´, cando o Alcorcón pareceu espertar e chegou en varias ocasións á meta ourensanista, demostrando que a súa bo campaña nom era froito da casualidade. O gol do Alcorcón parecía moi cercano e o Ourense tentaba volver a retoma-lo control do partido.Así chegou o tempo de lecer.

O segundo tempo comezou cun dominio alternativo pero sen chegada claras. O técnico visitante tentaba meter ao seu equipo con dous cambio seguidos,Rojas e Tonet, e máis tarde Alex. O partido nos inicios da segunda parte nom gozaba dun claro dominador e nom había grandes ocasións, pero aínda así o partido era entretido.

Un xogador a destacar no Alcorcón foi o pequeno Quini, que cos seus rápidos movementos desestabilizaba unha e outra vez á defensa vermella, pero a súa grande labor ofensiva nom encontraba axuda nos seus compañeiros de dianteira, moi inofensivos na segunda parte.

Pola súa banda, o Ourense tentaba xogar polas bandas, onde Anxo e Sueiro lograron varias veces desfacerse dos seus marcadores,pero as sucesivas ocasións ourensanistas nom encontraban porta, algo xa habitual en anteriores partidos dos ourensanistas. Oscar Mártinez tivo dúas claras ocasións entre os minutos 70 e 80; a primeira con toda a portería a favor tiraba contra o porteiro, e a segunda tras unha saída en falso do gardameta Raúl facía un preciso tiro lonxano que significaría o 3-0 se nom fose pola rápida rectificación do gardameta.

Chegaban así os últimos minutos co partido xa decidido, xa que aínda que o resultado nom era demasiado abultado o Alcorcón nom chegaba con perigo á meta ourensanista. Foi ahí cando os xogadores do Alcorcón fixeron faltas bastantes seguidas, e o árbitro quixose convertir en protagonista do final de partido amonestando a varios xogadores do Alcorcón e expulsando por doble tarxeta amarilla a Fariña.

Final do partido. O Ourense lograba 3 puntos que sirven para respirar con alivio momentáneamente e situándose a un só punto da salvación polos pinchazos dos rivais. A próxima semana o equipo vermello visitará a outro equipo revelación deste grupo I, o Fuenlabrada, cuarto clasificado.

Aliñacións

CD.Ourense: Moncho;Manuel Ángel,Aloisio,Pablo López,Dacosta; Anxo,Sanromán,Sueiro(Oscar Río 80´);Rubén Durán,Oscar Martinez(Padín 84´)

AD.Alcorcón: Raúl;Barral,Fariña,Albarrán(Tonet 58´),Rojas;Rubén Sanz(Rojas 58´),Melgar(Alex 61´),Pedro Aguado;Valleros,Quero,Curiel.

Partido correspondente á xornada 21 do grupo I da Segunda División "B" no estadio do Couto ante uns 1100 espectadores.
nunha tarde de frío moi intenso.

Imagen

Imagen
Publicado por Pablo.GZ @ 0:34  | CRONICA
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios