Domingo, 29 de Xaneiro de 2006
Manolo Tomé nom se sentará o domingo no banco, estará na bancada salvo milagre de última hora. Quino Muñoz afirma que se demorou o pago debido a unha denuncia de Milo e o ex adestrador deixou entrever que fora por falta de liquidez.Muñoz afirma que pagará o luns, pero na Federación.

Unha cousa é certa, federativamente, Manolo Tomé nom poderá sentarse o domingo no banco do Couto.

O Ourense nom saldou o finiquito de Milo Abelleira en versión de Quino Muñoz, presidente da entidade vermella, pola falta material de tempo para poder solucionalo". ¿Os motivos? Básase Quino Muñoz en que Milo presentou unha denuncia o vernes día 20 e o Comité xurisdiccional nom se reuniu ata onte á unha da tarde. Eu quixen ingresar antes os cartos, pero dixeronme dende a Federación que nom podería facelo ata conoce-lo fallo do Comité.

Cando coñecemos a decisión xa nom había tempo material". Esta é a versión do máximo mandatario do clube vermello. ¿Por qué nom lle pagou vostede directamente a Milo? Resposta de Muñoz: Porque pretendemos litixiar unhas partidas que nom nos cuadran y por iso fareino o luns, ás nove da mañá, efectivo na Federación Espanhola". Milo Abelleira estivo pola tarde en Ourense, incluso se acercou ata o campo do Couto, onde se encontrou con Quino Muñoz e con Manolo Tomé, aos que saudou.

O ex adestrador recoñeceu que nom recibira ningunha noticia de pago" e confirmou que se encontraba en contacto casi permanente ca Federación e co Colexio de Adestradores. A última hora da mañá pretendeuse facer efectivo un aval dende unha entidade bancaria con destino á Federación Espanhola de Fútbol, pero, segundo Quino Muñoz, xa nom había tempo material para poder tramitar a ficha de Manolo Tomé como adestrador".

O novo adestrador está ao tanto do proceso da tramitación do finiquito de Milo e deixaba ver onte que o máis probable é que mañá nom se pudidese sentar no banco e que seu destino sería a grada, dende onde poderá impartir órdenes aos seus xogadores vía Antonio Dacosta. Tomé recoñece que estivo centrado en perfilar o once que enfrentará ao Ourense fronte o Alcorcón. Quino Muñoz repitiu que o luns os cartos de Milo estarán na Federación.
Publicado por Pablo.GZ @ 0:55  | PREVIA
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios