[23-01-05] A necesidade imperiosa de fichar que se volveu ver reflexada o pasado sábado en Pasarón depende de que se lle paguen os máis de 25 millóns das antigas pesetas que se lle deben ao xa ex-adestrador ourensanista Milo Abelleira.
O banco,ocupado provisionalmente polo tándem formado por Antonio Dacosta e por Roberto Abad podería ser cambiado próximamente,e os que aparecen con máis opcións de ocupar o posto de adestrador do Ourense son Gabriel Leis e Manolo Tomé. Este último declarou na Radio Galega onte que aceptaría con gusto se lle ofrecesen o posto, e é o mellor colocado. Nestes momentos o técnico está en Ourense a espera de que o chamen.
Hoxe chegou tamén a proba o porteiro portugués Hugo Ferreira pertencente ao Boavista para adestrar con Antonio Dacosta no campo do Couto e comprobar as súas evoluvións.
A mala situación clasificatoria parece que nom é debido solamente ao adestrador, senón que é froito de carencias na plantilla, sobre todo no posto de dianteiro centro e no de porteiro, posicións que a directiva vermella traballa estes días por reforzalas a expensas de que se lle pague o que se lle adebede a Milo Abelleira.