Dacosta irá á Selecçom Galega
Ramón Dacosta será o terceiro xogador ourensán, xunto con Borxa do Maiorca e Noguerol do Elxe, que xogará o sábado día 29 de decembro coa Selecçom Galega ante Uruguay no estadio Multiusos de San Lázaro en Santiago de Compostela.
Ramón Dacosta ve asi premiada a súa gran traxectoria nos campos de futbol, pasando por Celta, Alavés, Hércules, Cádiz, Ourense...destacando sempre por ser un defensa loitador e con amor as cores do equipo que defendese nese momento.
A convocatoria de Dacosta supón para os siareiros ourensáns unha grandisima alegria nun momento no que o noso atravesa unhos momentos tan dificiles.
dende este blog: ¡NORABOA DACOSTA! ¡NORABOA CAPITÁN!